Sede electrónica Concello de Miño

18:36:18 Martes 3 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de cambio na actividade

A Comunicación Previa de Cambio na Actividade deberá presentarse nos casos de cambio de titularidade, dando lugar á transferencia de responsabilidades da anterior á nova persoa titular e nos casos en que se produza calquera cambio relativo ás condicións ou ás características da actividade ou do establecemento que non afecten a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.

Se a actividade non conta con licenza, ou non foi previamente comunicada ao Concello, así como cando co traspaso do negocio se modifica a actividade ou se levan a cabo obras no establecemento, deberanse presentar as comunicacións ou solicitudes de licenza que sexan preceptivas.

  • Comunicación Previa de Cambio na Actividade.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada coa autorización escrita desa última ou copia de poder para actuar en representación (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade da persoa que presenta (nin da persoa interesada no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Copia de licenza de apertura ou comunicación previa de inicio da actividade.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s. (ver)

       No caso de traspaso:

  • Copia do documento xustificativo do cambio de titularidade (escritura de propiedade, contrato de aluguer, etc.).
  • Copia da constitución da sociedade se a houbese.

Nome: Comunicación Previa de Cambio na Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.