Sede electrónica Concello de Miño

09:00:37 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de vaos

O procedemento de "solicitude de licenza de vaos" ten como obxecto establecer os requisitos e o procedemento para o outorgamento da licenza de reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aquelas persoas propietarias e/ou posuidoras lexítimas dos inmobles ás que se lles deba permitir o acceso, así como quen promove ou contrata nos supostos de obra.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de licenza de vaos.
  • Fotocopia do DNI, CIF.
  • Fotocopia plano de situación PXOM.
  • Plano de planta e número de prazas existentes por planta.
  • Fotografía do acceso de vehículos.
  • Fotocopia da licenza de apertura para garaxes colectivos e locais comerciais.
  • Fotocopia da licenza de 1ª ocupación  e/ou licenza de obra no caso de garaxes colectivos anteriores ó 2002 e garaxes de vivendas unifamiliares.
  • Fotocopia do recibo de contribución (I.B.I.).

Nome: Solicitude de licenza de vaos.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.