Sede electrónica Concello de Miño

05:10:38 Xoves 18 de abril 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en aula de actividades

O procedemento pretende xestionar as solicitudes de inscrición nas aulas de actividades do Concello, ben sexa para as diversas actividades de índole cultural organizadas, ben para as actividades da aula de informática.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiiza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Inscrición Aula de Actividades.
  • Autorización para menores de 18 anos.
  • Xustificante de pago de taxas/prezo público de inscrición segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Solicitude de inscrición en aula de actividades (informáticas, culturais, etc).

Unidade tramitadora: Servizos ao Cidadán.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (iniciar trámite).

                                    Presencial.