Sede electrónica Concello de Miño

12:43:01 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de edificación

A Solicitude de Licenza de Edificación deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.
  • As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
  • A localización de casas prefabricadas, piscinas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.

(Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Solicitude de licenza de edificación.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o interesado coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade do presentador (nin do interesado no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Proxecto Técnico (Básico e/ou de Execución), visado polo correspondente Colexio Profesional.
  • Documentación acreditativa da titularidade do inmoble ou terreo (no seu caso).
  • Orzamento desagregado das actuacións a realizar, con indicación dos materiais a utilizar, custo dos mesmos, e custo da man de obra.
  • Proxecto sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso aos Servizos de Telecomunicacións (cando a normativa sectorial así o esixa).
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
  • Xustificante de pago da taxa segundo as ordenanzas vixentes (de ser o caso)
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s. (ver)

Nome: Solicitude de Licenza de Edificación.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.