Sede electrónica Concello de Miño

10:39:14 Xoves 5 de marzo 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza nas escolas infantis municipais

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza nas escolas infantis municipais.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Os prazos de solicitude:

  • Novo ingreso é dende o 1 ata o 31 de Marzo de 2026 (ambos os dous incluídos).
  • Renovación da praza é dende o 1 ata o 15 de Marzo de 2026 (ambos os dous incluídos).

SOLICITUDE DE RENOVACIÓN

SOLICITUDE DE NOVO INGRESO

  • Formulario de Solicitude de praza nas Escolas Infantís Municipais (obrigatorio cumplimentar e asinar).
  • Documentación xustificativa da situación familiar:
    • Fotocopia do documento de identidade dos proxenitores, titoras/es, representantes legais ou documento acreditativo da familia acolledora.
    • Certificado de empadroamento e convivencia (expedido de oficio solo en  caso de ser do Concello de Miño).
    • Fotocopia do libro de familia, ou no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
    • Fotocopia do Título de familia numerosa.
    • Fotocopia do certificado de recoñecemento do grado de discapacidade alegada polos membros da unidade familiar.
    • Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
    • Fotocopia da documentación acreditativa de incidencias tales como: separación dos proxenitores, abandono do fogar, maltrato, etc.
    • Informe dos Servizos Sociais do Concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente para acreditar situacións de especial vulnerabilidade en que viva a unidade familiar de convivencia.
    • Documentación xustificativa da situación económica:
    • Xustificación de haberes: declaración do IRPF de todos os membros da unidade familiar correspondente ao último exercicio (en caso de declaracións individuais, copia da declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar) ou certificación de exención se é o caso; certificación positiva ou negativa de percepción de prestación económica do INEM; certificación de ingresos por pensións emitida polo organismo pagador; xustificante doutros ingresos, ou declaración xurada destes.
    • As/os profesionais autónomas/os acreditarán tamén os pagamentos fraccionados do ano correspondente.
    • Xustificante de desemprego: Informe de Vida Laboral.
    • As/os solicitantes de devolución rápida presentarán a copia de comunicación que lles enviou a Axencia Estatal de Administración Tributaria.
    • As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan devolución rápida presentarán certificacións dos datos existentes na Administración que expide a Axencia Estatal da Administración Tributaria. No caso de non estar obrigado a presentar declaración aportarán certificado de empresa con cuantificación de ingresos.
    • No caso de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a  renda de quen exerza a garda e custodia.
    • Cando se produzan causas sobrevidas que afecten aos recursos da unidade familiar, é preciso informe dos servizos sociais do Concello neste sentido. Así mesmo, é preciso o devandito informe naqueles casos nos que por distintas razóns non se poidan acreditar as rendas dos proxenitores, titoras/es ou representantes legais con escasos medios.
  • Outros documentos acreditativos de todas aquelas situacións que, por baremo, sexan susceptibles de puntuación:
    • Xustificante de ocupación ou desemprego de ambos proxenitores,  titoras/es, representantes legais ou familia acolledora (última nómina, certificación de empresa ou certificado de desemprego).
    • Ditame do equipo de orientación específico dependente da Inspección de Educación da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou do órgano correspondente na Admón. do Estado ou nas respectivas Comunidades Autónomas en que se motive a necesidade de integración de nenas e nenos con discapacidades físicas, psíquicas e/ou sensoriais, así como o grado de discapacidade.
    • Informe dos Servizos Sociais, nos supostos nos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou socio-familiar.
    • Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación de feito de cónxuxe, abandono do fogar, certificación de convivencia e xustificante de calquera outra circunstancia sociofamiliar alegada.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.