Sede electrónica Concello de Miño

14:40:58 Sábado 12 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Venda Ambulante

O  procedemento "venda ambulante" regula o outorgamento do permiso de posto para venda ambulante.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude.
  • Indicar, se é o caso, as persoas autorizadas a exercer a actividade no posto (cun máximo de dúas persoas).
  • Fotocopia do DNI, NIE, Pasaporte ou CIF do titular e das personas autorizadas.
  • Fotografía tamaño carné da persoa que solicita a licenza e más das persoas autorizadas.
  • Xustificante de estar inscrito e ao corrente do pagamento das cotizacións correspondentes á Seguridade Social.
  • Xustificante de estar inscrito no imposto de actividades económicas e estar ao corrente de seu pagamento.
  • Xustificante de estar debidamente identificado como comerciante ambulante, segundo o establecido no Decreto 118/2012, do 20 de abril, polo que se regula o Rexistro Galego de Comercio.
  • Certificado acreditativo de ter formación en materia de manipulación de alimentos.
  • Seguro de responsabilidad civil.
  • Certificado ou documento acreditativo da inscrición no REAGA, só para os agricultores de proximidade que exerzan a venda directa de productos primarios desde as explotacións ás persoas consumidoras finais.
  • No caso de estranxeiros que non pertenzan á Unión Europea, deberán acreditar que posúen o correspondente permiso de traballo por conta propia e de residencia conforme á lexislación vixente.
  • Para o caso de persoas xurídicas: CIF, acta de constitución, estatutos e acreditación da representación da entidade.
  • Xustificante de pago da taxa según a ordenanza vixente.

Nome: Venda Ambulante.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Secretaría.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de resolución:
3 meses.

Taxas/Impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.